INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

NOVIDADES CURSO E ABAU (Covid-19)


Cambios no curso escolar e na ABAU 2020

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou na Conferencia Sectorial de Educación.
No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.
Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. 
A conselleira de Educación reiterou a conformidade de Galicia co aprazamento da ABAU e co modelo de exame proposto polo Ministerio, como medidas necesarias para garantir a equidade a todo o alumnado que se presente ás probas de acceso á universidade.
Así, na xuntanza consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.
Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
Neste sentido, a conselleira avanzou que convocará proximamente a CIUG para abordar este tema e indicou que os tres reitores do Sistema Universitario de Galicia xa lle manifestaron a súa total colaboración para garantirlle ao alumnado a equidade no acceso á universidade.
Formación Profesional
Canto á Formación Profesional, insistiuse na necesidade de garantir que todo o alumnado titule, para o que o Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final.

Comentarios