INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

ESCRIBE NESTA REVISTA ONLINE

Café Babel, revista online na que podes escribir

Molaríache poñer a proba a túa vea xornalística desde a túa propia casa? Pois podes participar en CaféBabel, a revista online feita por e para mozas e mozos en Europa. 
CaféBabel publica:
- artigos
- videoclips
- imaxes
- traducións de artigos.

Publícase en seis linguas: alemán, español, francés, inglés, italiano e polaco. Un equipo de xornalistas profesionais revisa e corrixe todo antes de publicalo.
Podes tratar temas sociais e políticos, cuestións de arte ou estilos de vida, ou falar do que é ser moza/o en Europa.
Interésache? Crea o teu perfil na web e únete a un dos 20 equipos rexionais.
Ou crea un novo equipo.
Conectándote ao teu perfil podes ver as actualizacións dos membros dun grupo que elixises ou un autor concreto.
Cando empeces a contribuír, poderás ver unha lista dos teus artigos, imaxes e demais material.

Comentarios