INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

AXUDAS CARNET

Axudas para os permisos de condución clases B e C

Axudas para sacar o permiso de conducir:

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Contía:
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.
Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.
As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
prazo para presentar solicitudes estará aberto do día 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020
Consultas en xuventude.programas@xunta.gal
Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
Espazos Xoves
Cámaras de Comercio

Comentarios