VOLUNTARIOS EN FESTIVAIS DE MÚSICA!!!
O programa SON Voluntaria pretende
fomentar a participación activa da mocidade nos festivais de música de Galicia.
SON Voluntario/a nace coa
finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer
os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa
está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar
natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e
vivirán a experiencia do festival desde dentro.
Algunha das tarefas das que se
encargarán son: ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o
festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de
ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental. Cómpre destacar que
as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día.
As mozas e mozos voluntarios
recibirán un bono de acceso ao festival ao que acudan, facilitado polos
organizadores de cada evento. Ademais, contarán cun seguro de accidentes e
responsabilidade civil, que correrá por conta da devandita Dirección Xeral.
Os participantes deberán ter
unha idade entre 18 e 30
anos e terán que estar empadroados nalgún concello de Galicia.
Previamente, todas as persoas seleccionadas deberán superar un curso básico
sobre voluntariado que estará dispoñible na páxina web http://www.voluntariadogalego.org.
A maiores, terán que asistir a unha reunión previa á celebración do festival
para establecer todas as cuestión de organización, solucionar dúbidas e
repartir as identificacións necesarias.
As mozas e mozos que queiran
participar como voluntarios/as en festivais de Galicia poderán inscribirse no
programa SON Voluntario/a a través do formulario que estará dispoñible na
páxina web de Voluntariado, para cada un dos eventos.
Comentarios
Publicar un comentario