ENGLISH WEEK 2019
A Consellería de Educación fai unha convocatoria para
seleccionar centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos
dependentes desta consellería para participaren en actividades de inmersión
lingüística en lingua inglesa, English
Week, dirixidas ao alumnado de
sexto curso de educación primaria e da ESO.
Cada
centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas do mesmo nivel
educativo.
O
obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha
actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as súas destrezas
de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non
só académicas senón tamén de carácter cultural, que servirán de reforzo ao
programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.
Os centros educativos presentarán as solicitudes
obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario ED504F dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
O prazo para a presentación de
solicitudes estará aberto ata o 1 de xullo de 2019.
Máis información no DOG do 23 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.gal
Máis información no DOG do 23 de maio de 2019 e en www.edu.xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario