AXUDAS PARA A FORMACIÓN ARTÍSTICA
O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas
económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de
fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa
obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a
axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2020 no ámbito das artes visuais,
escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e
ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a
través das seguintes liñas de actuación:
a) Produción de obra.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores.
c) Emprendemento para a creación emerxente.
d) Sala Amadís do Instituto da Mocidade.

Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos de Produción de obra e Mobilidade de obra producida e/ou creadores, ou os 35 anos nos supostos de Emprendemento para a creación emerxente e Sala Amadís do Instituto da Mocidade, o día 31 de decembro do ano 2019

Contía:
A contía individualizada das axudas será de 5.000 € para os proxectos deproducción de obra e de mobilidade de obra ou creadores e de 10.000 € para os proxectos de emprendemento para a creación emerxente e 7.000 € para o proxectos da Sala Amadís.

O Dossier de proxecto:
Nel deberá constar: A descrición conceptual, técnica e de execución do proxecto; o calendario previsto de realización durante o ano 2020; o orzamento total estimado de execución do proxecto; e no seu caso, relación doutras axudas e subvencións solicitadas ou recibidas para o mesmo proxecto que se solicita a Axuda.

Cartas
de aceptación ou invitación. Nos casos de mobilidade de obra e/ou creadores
presentaranse as cartas de aceptación na residencia, institución, sala de
exposicións, etc. na que se queira realizar o proxecto. Nos casos de produción
de obra nos que se teña convida unha exposición, edición, representación, etc.
achegarase tamén a carta de compromiso.
Dossier
de traballos realizados. Poderanse incluír enlaces web para o visionado
das obras, perfís de redes sociais, ou calquera outro medio no que se poidan
consultar os traballos realizados.
O prazo para presentar
solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño de 2019.
Máis información no BOE do 1 de xuño de 2019 e en www.injuve.es

Comentarios
Publicar un comentario