INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2019


O Ministerio de Educación convoca 500 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2019 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Requisitos:

a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2018/2019.
b. Obter, como mínimo, notable (7) como nota media do curso 2017/2018.
c. Obter, como mínimo, notable (7) como nota final na materia de inglés no curso 2017/2018.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.
e. Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo poderán optar desde o "aprobado" (5).

Estas axudas distribúense en dous grupos:

Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 7 ao 20 de xullo de 2019

Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 21 ao 3 de agosto de 2019

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de maio de 2019.

Máis información no BOE do 26 de abril de 2019 e en

Comentarios