III Concurso de Fotografía co móbil "Así é o meu pobo"
Por tercer ano consecutivo a Omix Mondariz e a Biblioteca
Municipal do concello de Mondariz organizan o III Concurso de Fotografía co
Móbil "Así é o meu pobo" dirixido á mocidade de 12 a 18 anos.
O obxectivo deste concurso é a celebración do mes das
letras, fomentado o uso do galego a través das novas tecnoloxías e
relacionándoo co entorno e a paisaxe de Mondariz.
O concurso premiará as fotografías nas que apareza unha
imaxe dalgún escenario ou recuncho identificable de Mondariz e deberán ir
acompañadas dun texto en galego que non supere as 30 palabras.
Haberá tres grandes premios:
- 1º clasificado/a – un teléfono móbil (Smartphone)
- 2º clasificado/a – unha tablet
- 3º clasificado/a – un lote de libros
Tendes ata o día 3 de xuño para enviar as fotografías.
Para máis información: Pasade pola Biblioteca Municipal,
chamade ao 986 664 306 de 10:30h a 12h e de 16.30 a 20h ou no correo
electrónico biblioteca@concellodemondariz.com De 10:30h a 12h e de 16.30 a 20h
Comentarios
Publicar un comentario