INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

A mar de ciencia


O Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) convoca o concurso A mar de ciencia

A mar de ciencia é un certame de debuxo, vídeo e relato de ámbito nacional que se dirixe nesta terceira edición ao público infantil e xuvenil, involucrando tamén a centros educativos, docentes e familias.

O obxectivo principal é fomentar a educación ambiental mariña e a cultura oceánica e tamén poñer en valor o papel da ciencia na conservación dos océanos.

Os gañadores converteranse en  oceanógrafos por un día. Viaxarán cun acompañante maior de idade ás  Illes  Balears para coñecer a investigación que realizan os centros do CSIC en Mallorca, participar nunha campaña oceanográfica do  SOCIB e visitar o Parque Nacional Marítimo-Terrestre do Arquipélago de Cabrera. Por outra banda, as clases que presenten os mellores vídeos serán premiadas cunha lousa dixital.

A temática do certame é a ciencia e o mar. Os debuxos, vídeos e relatos deberán estar relacionados coa visión, a percepción ou o coñecemento que os estudantes teñen da ciencia en xeral e das ciencias mariñas e da oceanografía en particular. Estes son algúns dos temas propostos:
- Mares limpos. Cambia a marea do plástico.
- Como crees que a ciencia pode axudar a conservar os nosos mares?
- Eu de maior quero ser  oceanógrafo.
- Que sabes do Mediterráneo?
- O mar e eu.

Establécense tres modalidades de participación individual: debuxo, vídeo e relato e unha modalidade grupal: vídeo de clase. Os traballos poderán presentarse en: castelán, catalán, galego, eúscaro e inglés.

Prazo de presentación: ata o 21 de maio de 2019 ás 23:00 horas (hora peninsular).

a participación é gratuíta e está aberta a estudantes de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial de todas as comunidades autónomas do Estado Español.
- Categoría I: infantil (5-11 anos).
- Categoría II: xuvenil (12-17 anos).



Comentarios