INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

Proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural”, edición 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha unha nova edición do proxecto “EMPRURAL: emprendemento xuvenil no rural” co obxecto de facilitar aos mozos e mozas a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral en comarcas locais, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).
No medio rural tamén se erixen hoxe novas oportunidades e recursos susceptibles de seren valorizados, tanto para a creación de novas empresas coma para empregos que aporten valor engadido ás xa existentes. Para isto, é preciso por a disposición da xente moza mecanismos que lles axuden a descubrir estas oportunidades, impulsando os seus proxectos de inserción sociolaboral e converter deste xeito á xuventude no maior activo para o desenvolvemento local.
Obxectivos:
1. Axudar aos mozos/as a coñecer e valorizar máis e mellor o territorio rural e descubrir as oportunidades que este lles ofrece no eido profesional e social.
2. Impulsar a aprendizaxe pola práctica, aplicando a metodoloxía da alternancia e a colaboración co tecido empresarial.
3. Prestar apoio e seguimento individualizado e/ou grupal aos proxectos de emprego/ empresa ou de carácter social xerados, garantindo a súa consolidación no territorio.
4. Fomentar a introdución da innovación no marco dos itinerarios de inserción sociolaboral, baseada fundamentalmente na aplicación das TIC na xestión empresarial, comercial e social.
5. Promover a autonomía e o empoderamento da xuventude no rural, como actores sociais dos seus territorios para favorecer a súa promoción persoal e social, así coma a súa incorporación a redes de partenariado no territorio.
Destinatarios/as: 
mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar.
Número de prazas: 50.
Duración: de abril a novembro de 2019.
Prazo de inscrición: do 24 de abril ao 8 de maio de 2019.
Inscricións:  mediante o envío do formulario electrónico que figura ao final desta convocatoria.
Admisión:  será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación de praza, con indicación do día e lugar de inicio da fase de formación.
Se no prazo dos cinco días seguintes á finalización do prazo de inscrición, os/as solicitantes non recibiron correo de confirmación, se entende que non obtiveron praza.
Actividades:
1. Safari de emprego no territorios.
2. Formación para a inserción – grupo 
3. Formación na empresa – individual: 
4. Titorización e seguimento individual 

5. Captura de proxectos 

Comentarios