CONCURSO LITERARIO
Poderá
participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os
26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo
as seguintes categorías:
CATEGORIA
A: de 12 a 14 anos
CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
CATEGORIA B: de 15 a 18 anos
CATEGORIA C: de 19 a 26 anos
Cada
participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades
existentes: Poesía, Narración breve e Microteatro. Na modalidade de poesía
presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de
narración breve a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o
tema libre. Na modalidade de microteatro a extensión será de entre 5 e 10
páxinas, a unha soa cara, con tema libre.
Os
traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e
non premiados.
Deberán
estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas
simple e tamaño de letra 12, paxinados e sen asinar. Entregaranse seis copias
nun sobre no que figure: XXVI CERTAME LITERARIO XOÁN DÍAZ, o lema ou pseudónimo
do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración, poesía
ou microteatro). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que,
por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI
e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén datos persoais e fiscais.
Os
traballos poden enviarse por correo ordinario, debidamente selados, a:
Concello de Cambre – Área de Cultura, Deportes e Mobilidade.
Río Barcés, 8 - 15660 Cambre
Concello de Cambre – Área de Cultura, Deportes e Mobilidade.
Río Barcés, 8 - 15660 Cambre
O prazo de presentación de
solicitudes estará aberto ata o día
30 de abril de 2019.
Máis información no BOP da Coruña do 3 de abril de 2019
Máis información no BOP da Coruña do 3 de abril de 2019
Comentarios
Publicar un comentario