INSTAGRAM

INSTAGRAM
correspondentesportas

CAMPUS CIENTÍFICO X 4º ESO


O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no programa Campus de Profundización Científica en Soria, durante o mes de xullo de 2019.
Constitúe o obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, á vez que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.
Datas:
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada un, que terán lugar nas seguintes datas en Soria:
- Primeira quenda: Do 3 ao 11 de xullo de 2019.
- Segunda quenda: Do 15 ao 23 de xullo de 2019.
Requisitos:
- Alumnos que no curso escolar 2018/2019 estean a cursar ensinos de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos.
- Que obtivesen unha nota media no curso escolar 2017/2018 superior ou igual aos 9,0 puntos.
- Que durante o curso 2018/2019, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas orientadas aos ensinos académicos, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.
prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de abril de 2019

Comentarios