XIII PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL “RAÍÑA LUPA”
A Deputación da
Coruña convoca o XIII Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”
Poderán participar
todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos
anteriores a este e que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e
xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.
Establécese un
premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.
As obras serán de
tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa
dirixida ao público infantil ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos,
gráficos, etc.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun CD que incluirá na portada a seguinte inscrición: XIII Premio “Raíña Lupa”, de Literatura Infantil e Xuvenil, título da obra e lema ou pseudónimo; o tratamento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.
No caso de optar pola presentación en papel, as obras serán presentadas por duplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A 4, e impresos polas dúas caras, ademais deberán estar numerados, grampados ou encadernados.
A obra será presentada baixo o sistema de plica, polo que será enviada nun sobre á parte; no exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; no interior incluirase unha copia do NIF, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico e, ademais, unha declaración expresa de que a obra é inédita e que non foi premiada, ata a data da súa presentación, en ningún outro certame ou premio.

O prazo de
presentación das solicitudes estará aberto ata 5 de abril de 2019.
Máis información no
BOP da Coruña do 15 de marzo de 2019 e en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/lupa/
Comentarios
Publicar un comentario