Bono coidado para a atención de nen@s menores de 12
A Consellería de Política Social convoca axudas económicas
ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a
través do programa Bono coidado
A
axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de
servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente
acreditados:
a) Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.
c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan que os membros da unidade familiar atendan o/a neno/a.

Persoas beneficiarias: os pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en
situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce
anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos
seguintes:
a) Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.

A contía da dita axuda estará en
función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:
a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 €/hora.
b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior para as persoas beneficiarias do punto b: 7 €/hora.

O período subvencionable
comprenderá desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019
Solicitudes: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS412A
O prazo para presentar solicitudes de axuda estará aberto ata o 31 de agosto de 2019

Máis
información no DOG do 8 de marzo de 2019 e en http://politicasocial.xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario